miércoles, 28 de noviembre de 2012

Concurso do club de lectura.

Xa temos as gañadoras do concurso "A nova viaxe de LEntiña". O título da nova viaxe da nosa mascota é: Caperucita en Manhattan de Carmen Martín Gaite
Estíbaliz Vidal Blázquez 2º A
Beatriz López Simoes 1º A
Andrea Mariño Aguilar 3º
e para  celebralo comemos a "doce" tarta de LEntiña 

Noraboa ás gañadoras.

jueves, 15 de noviembre de 2012

Concurso do club de lectura

Concurso.

A nova viaxe de LEntiña.

Estamos a piques de comezar unha nova viaxe coa mascota da Biblio e querémosvos propoñer un concurso. Nesta ocasión teredes de adiviñar o título do primeiro libro proposto para o noso club de lectura.

Estas son as pistas.

1ªPISTA.

O título ten o nome dunha “heroína” da literatura, esta personaxe ten que levar unha cestiña a casa da súa avoa e ten problemas cun lobo.

2º PISTA.

Esta personaxe vive en...
.

Xa sabes cal é o título?

Só tes que encher unha tarxeta de participación que se encontra na biblioteca e entregala.

O martes 27, no recreo ,farase entrega dos premios e comeremos a doce LEntiña.

lunes, 16 de abril de 2012

ASASINATO NO COVA

PAULA CARBALLEIRA NO COVA

Hoxe 16 de Abril tivemos a sorte de ter no centro a Paula Carballeira para falarnos dos Lobishomes e outros contos de "sustos".







Entregoulle o seu libro adicado a MARÍA CEDEIRA DE 1ºESO A , gañadora do concurso do Asasinato no Cova:





Queredes ver que atentos e como saltaban cos sustos?






¡¡¡¡MOITAS GRAZAS PAULA, PASÁMOLO "DE MEDO"!!!!



miércoles, 11 de abril de 2012

ASASINATO NO COVA

ASASINATO NO COVA

Vemos como os nosos CSI revisan o lugar do crime por se temos máis pistas:

   
 ALGUÉN SE FIXOU NA CORTIZA DA BIBLIO?????


 TEMOS NOVAS PISTAS:

martes, 3 de abril de 2012

ASASINATO NO COVA

ASASINATO NO COVA

XA TEMOS AS PRIMEIRAS PISTAS:

1. Lectura nas aulas dos dous primeiros capítulos do libro: "A morta chamábase Elvira"
2. Escena do crime.
3. Arma do crime
4. Pegadas do asasino

















A volta de Semana Santa o noso equipo de CSI mostrará as outras pistas para que poidas adiviñar o título do libro e a autora do mesmo.

¡¡ MOITA SORTE!!

jueves, 29 de marzo de 2012

ASASINATO NO COVA

Non sabemos que aconteceu, atopamos no patio a escena dun asasinato...


 

sábado, 3 de marzo de 2012

8 de Marzo Día da Muller Traballadora

8 de MARZO
DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrar este día dispoñemos no centro da exposición : 
"A MULLER INNOVADORA NA CIENCIA"

Neste vídeo verás varias das bibliografías das mulleres da exposición.

¡¡¡ ATENDE O VÍDEO E LE CON ATENCIÓN OS PANEIS DA EXPOSICIÓN PARA RESPOSTAR DESPOIS O TEST QUE VOS PROPOÑEMOS!!!




A exposición:


sábado, 21 de enero de 2012

LEntiña está moi contenta:

¡¡¡¡¡FIXEMOS 1000  GROUS!!!!!




MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

lunes, 16 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

30 de XANEIRO: DÍA DA PAZ



LEntiña quere compartir con nos a seguinte lenda:






Facemos os Grous?
Seguramente para este ano o día da paz non chegaremos os 1000, pero...

Seremos capaces de facer 100?
Aqui tedes un video para ir paso a paso facendo o grou, e ademáis podemos practicar italiano.


Cando teñas a túa, deberás entregala na sala de profes onde a iremos contabilizando e colocando co resto de grous

Ánimo, seguro que facemos 100 para o 30 de Xaneiro.




miércoles, 11 de enero de 2012

UN NOVO XOGO

LEntiña quere que xoguemos a viaxar con ela.

Primeiro terás que atopala nesta imaxe:

Que profe mandaría a LEntiña a visitar PARIS?

Profe?

 
Saberías dicir os nomes dos tres lugares nos que se retratou?
1. Cidade?

2. Localidade?


3. Lugar ?



Podedes preguntar a algún "profe" que casualmente atopouse con ela.



 
"LEntiña segue a viaxar e nós a pasalo ben con ela"

Boa Viaxe LEntiña.

jueves, 5 de enero de 2012

As Viaxes de LEntiña

LEntiña:
Estou a viaxar por lugares de Galiza moi fermosos nestas vacacións de Nadal.
Se queredes ver as fotos que saquei premede na pestana que pon Viaxes.

Xa queda pouco para vernos pola biblio do Cole.

Ata pronto,

LEntiña